Tuesday, October 24, 2006

Cartas de amor. Fran Alonso





Cartas de amor.

Fran Alonso

É un libro moi reflexivo, todas as cartas fan reflexionar, son moi realistas, todas queren meter de cheo a persoa lectora nunha realidade que nunca viviu. “O que nunca me preguntaches”: unha rapaza fala da vida desde que foi violada con só nove anos. Así que son cartas de amor, pero cun amor oculto, amores imposibles, amores diferentes, amores a distancia. Ou aquela carta na que unha amiga que lle confesa a outra amiga que é lesbiana. O libro é moi doado de ler, son cartas curtas que non teñen ningunha dificultade. A maioría son moi interesantes e de historias recentes que calquera alumno sabe de que van. A linguaxe do libro non é culta, é bastante coloquial, o autor non usa palabras difíciles, enténdese ben.

0 comments: